A nosa lingua está de loito
-“ A intención do Goberno do PP é continuar dando soporte a unha política entorno á lingua demagóxica criminalizadora e de confrontación.”
-“Dende as Xuventudes Socialistas de Galicia, queremos denunciar que o Borrador do Decreto do Galego é unha burla ó noso país e racha por completo coa política de normalización e valorización que o galego viña tendo no noso ensino.”
- Dende as Xuventudes Socialistas de Galicia queremos facer un chamamento ao goberno do PP para que “escoite, reflexione e logo actúe”. “A sociedade galega non quere imposicións de modelos lingüísticos que lle son alleos, e isto é precisamente o que pretende facer Núñez Feijoo en Galicia”
Santiago de Compostela, 3 de Xaneiro de 2010. A Secretaria Xeral das Xuventudes Socialistas de Galicia, María Torres, rexeitou hoxe en Santiago de Compostela o o Borrador do Decreto do Galego presentado estes días polo goberno de Núñez Feijoo. “Este procedemento estivo viciado dende o principio, xa que partiu dunha falla absoluta de interese por chegar a un consenso coa sociedade galega” “O PP tiña moi claro a aposta por unha falla de protección e normalización absoluta do galego no ensino sen dubidar en establecer na axenda política unha confrontación entorno á lingua inexistente no noso país”
Segundo afirmou Torres Pose, “O procedemento elexido pola Consellería, poucas horas antes de acabar o ano, e en plenas vacacións da comunidade educativa non é máis que un reflexo da pouca vontade de consenso e diálogo que o goberno Feijoo ten ao respecto da nosa lingua” “Parece que o goberno de Feijoo tiña medo de escoitar o que a sociedade galega pensa”
“O borrador, ademais de desprotexer o galego do ensino reducindo drásticamente as horas lectivas nos centros de ensino, e establecer un máis que dubidoso dereito das familias de elexir a lingua na que os seus fillos/as poden formarse na etapa de infantil, parte do descoñecemento absoluto da realidade das etapas de formación no ensino, sobre todo en referencia á adquisición de habilidades ligüísticas, do descoñecemento e recoñecemento de diferentes modelos de familia, e de como aplicalo realmente na práctica”
Segundo Torres Pose “os galegos e galegas non podemos permitir este tipo de medidas sectarias e impositivas”, xa que “ A intención do Goberno do PP é continuar dando soporte a unha política entorno á lingua demagóxica criminalizadora e de confrontación.”
Dende as Xuventudes Socialistas de Galicia queremos facer un chamamento ao goberno do PP para que “escoite, reflexione e logo actúe”. “A sociedade galega non quere imposicións de modelos lingüísticos que lle son alleos, e isto é precisamente o que pretende facer Núñez Feijoo en Galicia”


Venres, 22 de Xaneiro de 2010 as 12:42
[...] Xuventudes Socialistas: O borrador do Decreto do galego é unha burla ó noso país e racha por completo coa política de normalización e valorización que o galego viña tendo no noso ensino [...]